Categoría: Contido

NADAL 2017

NADAL 2017


Actividades para o Nadal 2017-2018, con actividades para a familia e os nen@s

VENRES 15 DE DECEMBRO
Acendido da iluminación

SÁBADO 23 DE DECEMBRO
CINE, no Salón de Actos do Concello,: 18:00h

"NO SE ACEPTAN DEVOLUCIONES”


MÉRCORES 27 DE DECEMBRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Soutelo

SÁBADO 30 DE DECEMBRO
CINE, no Auditorio de Soutelo de Montes, 18:00h
"SAVVA, CORAZÓN DE GUERRERO”

MÉRCORES 3 DE XANEIRO
HINCHABLES, no Polideportivo de Forcarei.

VENRES 5 DE XANEIRO
CABALGATA DE REIS, con Chocolatada e Rosca



AQUI GALICIA 2017

AQUI GALICIA 2017


Este sábado pola tarde teremos o programa "Aquí Galicia", da TVG, en directo desde a Praza da Igrexa de Forcarei por mor da XXIV Festa da Richada!



XXIV FESTA DA RICHADA DE FORCAREI

XXIV FESTA DA RICHADA DE FORCAREI


Desde hoxe pódese degustar o menú da richada nos restaurantes París, Victoria e Florida a un prezo de 15 euros ata o domingo e gozar das distintas actividades programadas:

       -Andaina da Richada (sábado-9.30 horas)

Punto de encontro: XUNTO AO CENTRO SOCIAL (Bar Candelas) de Forcarei, ás 9:30h, para sair en autobús ata Portela de Millerada. Xa camiñando, subirase ata as Neveiras de Fixó onde haberá unha visita guiada, a continuación visitarase a Pena de Malpaso e o Mirador de Grovas, para volver cara Fixó e dende alí chegar ao Pazo de Hermosende a través de sendeiros e posteriormente, chegar a Iglesia, en Millerada, onde se collerá o autobús de regreso a Forcarei.
Servizo de avituallamento xunto ao Mirador de Grovas e xunto á Igrexa de Millerada.

Interesados, anotarse nas oficinas xerais do Concello de Forcarei (986 75 50 36), antes do xoves 30 de novembro, ás 15:00h, aportando: Nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto. GRATUITO.

       -Obradoiro de pesca con montaxe creativo de moscas (sábado-10.00 horas)

      -Programa "Aquí Galicia" da TVG (sábado-16.30 horas)

       -Xornada de portas abertas no observatorio (sábado-19.00 horas)

       -Quedada BTT da Richada (domingo-9.30 horas)

Saida da Praza da Igrexa, ás 9:30h, pasando por Campamento de Pontemaril, Castro de Loureiro, Valiñas, Vilaverde (Aciveiro), Rochela, Noveliza, Alto do Candán, Neveiras de Fixó, Mámoa de Rofete, Fixó, Covas, Cachafeiro, Espindo, Ponte e Forcarei.
Servizo de avituallamento nas Neveiras de Fixó. Servizo de duchas e mangueira para limpeza de bicicletas, no Pavillón Polideportivo de Forcarei.

Interesados, anotarse nas oficinas xerais do Concello de Forcarei (986 75 50 36), antes do xoves 30 de novembro, ás 15:00h, aportando: Nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto. GRATUITO.

       -Sesión vermú coa Banda de Gaitas de Forcarei (domingo-13.00 horas)



RESTRICCIÓNS UTILIZACIÓN DA AUGA

RESTRICCIÓNS UTILIZACIÓN DA AUGA


Que debido aos problemas de sequía que estamos padecendo nos derradeiros meses pola falta de chuvia, apelamos á responsabilidade de todos os veciños e veciñas deste Concello, pola necesidade de que se faga un aforro e un consumo responsable da auga da rede de abastecemento. Por este motivo débese consumir a auga estritamente necesaria e non malgastala, quedando PROHIBIDO USAR A AUGA DA TRAIDA para:

  • lavado de vehículos,
  • rego de xardíns e hortas,
  • enchido de piscinas,
  • depósitos de auga para rego e análogos.

Rógase a colaboración de todos os usuarios para que se faga un uso racional da auga e así poder garantir o servizo.
Esténdense as recomendacións anteriores para o consumo de auga privada, procedente de pozos.

Bando completo



AXUDAS DE APOlO AO ESTUDlO 2017 2018

AXUDAS DE APOlO AO ESTUDlO 2017 2018


AXUDAS MUNIClPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2017/2018 CON DESTINO A FAMILIAS EN SITUACIÓN DE DIFICULTADE SOCIO-ECONÓMICA

BENEFICIARIOS: Famílias empadroadas e ter residencia efectiva no Concello de Forcarei, que teñan menores ao seu cargo matriculados para o curso 2017/2018 nalgún centro de ensino público de Forcarei en Educación Infantil, Primaria e Secundaria para axuda de material escolar.

CONTÍA MÁXIMA 100€/MENOR


Financiamento de: MATERIAL ESCOLAR, LIBROS E VESTIARIO DEPORTIVO

  • Que a unidade familiar estea empadroada e teña a residencia efectiva neste concello.
  • Que o alumnado esté matriculado ou teña reserva de matrícula nun centro de ensino público de Forcarei.
  • Ter presentada a solicitude e documentación complementaria no prazo e forma legal establecido.
  • Que os solicitantes cumplan co baremo económico recollido nas Bases Reguladoras de convocatoria.

PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Concederáse o prazo de dez días hábiles para apresentación de solicitudes que se iniciará o día seguinte da publicación das bases no B.O.P.

REMATE DE PRAZO 27 DE OUTUBRO DE 2017

Para máis información poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Forcarei ou ben a través do teléfono 986 75 54 32 ou ben 986.75 51 49.

Cartel



Inspección Técnica de Vehículos- SOUTELO DE MONTES. FORCAREI

Inspección Técnica de Vehículos- SOUTELO DE MONTES. FORCAREI


Do  30/10/2017 ao 31/10/2017

Pol.Ind.Soutelo de Montes (Forcarei)


O horario de atención será

 de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas o día 30/10/2017
 de 9:00h a 13:30h o día 30/10/2017

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa



Selección para a Dani Rivas Cup 2017, 16 de Xullo

Selección para a Dani Rivas Cup 2017, 16 de Xullo


O Circuíto da Madalena acollerá o 16 de xullo, as probas de selección da segunda edición da Dani Rivas Cup (DR Cup), que contarán coa participación de sesenta pilotos procedentes de cinco países, España, Francia, Alemania, Italia e México.




CAMPIONATO SUPERMOTARD ESPAÑA 2017. MEMORIAL DAVID RAPOSEIRAS

CAMPIONATO SUPERMOTARD ESPAÑA 2017. MEMORIAL DAVID RAPOSEIRAS


O CIRCUÍTO DA MADALENA ATRAERÁ A PRETO DE 8.000 PERSOAS NO VINDEIRO MES CON CATRO EVENTOS DE MOTOR

O Circuíto da Madalena atraerá a preto de 8.000 persoas no vindeiro mes grazas á celebración de catro eventos de motor, o que motivará un cheo do sector hostaleiro e dos aloxamentos nas fins de semana e confirma o importante pulo socioeconómico que outorga o turismo deportivo ao municipio.



ETNOEXPERIENCIAS

ETNOEXPERIENCIAS


Itinerarios e mostras do Saber Popular

Roteiro do Mel e da Cera

Os monxes do mosteiro de Aciveiro foron os impulsores de multitude de actividades na zona de Forcarei e o Candán  desde as antigas neveiras ata as famosas alvarizas para conseguir o mel.
 
Nesta ruta que parte desde o mosteiro, descubriremos a paisaxe do Candán. para posteriormente asistir no propio mosteiro ás explicacións sobre a obtención de mel e cera das abellas.

DOMINGO 18 DE XUÑO.

DE 10:30 A 14:00 H

SAIDA DO MOSTEIRO DE ACIVEIRO.  FORCAREI 
(DIFICULTADE BAIXA)
50 PRAZAS

INSCRICIONS

NO CONCELLO DE FORCAREI  986 755 036  [EXT. 1]

Cartel



2ª Semana Gastronómica da Croca

2ª Semana Gastronómica da Croca


Forcarei acollerá, do 19 ao 25 deste mes de xuño, a 2ª Semana Gastronómica da Croca, organizada polos establecementos París, Victoria e Florida e que conta coa colaboración do Concello.


Cartel



CHEGA 800. Conexións a móbiles máis veloces e con mellor cobertura chega a Forcarei co novo 4G

CHEGA 800. Conexións a móbiles máis veloces e con mellor cobertura chega a Forcarei co novo 4G


· As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en Forcarei servizos 4G na banda de 800MHz

· A nova tecnoloxía permitirá desfrutar dos servizos de datos móviles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior dos edificios e ampliará a extensión xeográfica

· Chega800 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servicio 4G coa TDT na banda de 800MHz de maneira gratuíta antes do 31/05/2017

Os servizos móbiles 4G van utilizar a frecuencia 800MHz que antes utilizaba a televisión dixital terrestre (TDT), polo que podría ocorrer que o sinal de TV se vexa afectado por interferencias. Si este fora o caso terá que poñerse encotacto co seguínte teléfono:
900 833 999

Horario: De luns a sábado De 9:00 a 22:00

Para máis información:

Triptico Informativo
Cartel Informativo
Para saber máis. Preguntas correntes

www.llega800.es



 



Selección para a Dani Rivas Cup 2017, o 28 de maio

Selección para a Dani Rivas Cup 2017, o 28 de maio


CANCELADA


Comezan as grandes citas no Circuito A Madalena. Esta fin de semana acollerá a Cup Dani Rivas, O primeiro dos grandes eventos para este ano 2017.

O próximo 28 de maio as 10:00h  celebrarase a selección para a Cup Dani Rivas2017, no Circuito de A Magdalena. A selección contará coa presenza de 4 pilotos de MotoGP™ que actuarán como xurado Julito Simón, Gabriel Rodrigo, Juanfran Guevara e Jonny Hernández.

Esta edición do 2017 ten un carácter internacional ó contar coa participación de 60 nenos de 5 nacionalidades, México, Francia, Italia, Alemania e España. Á categoría de minimotos coa Polini 4,2 para nenos de 6 a 9 anos, incorpórase a nova categoría MiniGP coa Honda NSF100 para nenos de 9 a 12 anos.

A compra de entradas para o evento da selección está dispoñible aquí. (10 € compra anticipada)

Cabe destacar que a Honda NSF 100 é a moto coa que entrenan a maioría dos pilotos de MotoGP™ en circuitos de Karting.

Cartel


ULTIMA HORA

A organización da DR CUP, que ía celebrar as súas probas de selección esta fin de semana no Circuíto da Madalena coa presenza de 60 rapaces e catro pilotos de MotoGP, decidíu aprazar esta competición polas previsións meteorolóxicas de tormenta e choiva que complicaban as condicións de seguridade. Informaremos das novas datas.




Excursión a Barcelos (Portugal)

Excursión a Barcelos (Portugal)


O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A BARCELOS (PORTUGAL)

· VISITA A FEIRA

· MUSEO DE OLAIRA (CERÁMICA)

· MUSEO ARQUEOLÓXICO


DIA XOVES 25 DE MAIO


SAIDA:

8:30H CENTRO SOCIAL DE FORCAREI

8:30H PRAZA DO GAITEIRO –SOUTELO

ANOTARSE NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO 986-75 50 36 ANTES DO DÍA 18 DE MAIO (XOVES)

DIRIXIDO A TODOS OS VECIÑO/AS EMPADROADAS NO CONCELLO DE FORCAREI

PREZO 18 EUROS/XANTAR – QUE SE PAGARÁ DIRECTAMENTE NO RESTAURANTE INDICADO.


Cartel



Aberto o prazo de inscripción para a contratación de persoal para a prevención e defensa contra incendios forestais 2017

Aberto o prazo de inscripción para a contratación de persoal para a prevención e defensa contra incendios forestais 2017


CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL (2 CONDUTORES-OPERARIOS DE SERVIZOS) PARA VEHÍCULO MOTOBOMBA NO CONCELLO DE FORCAREI.

DURACIÓN: 3 MESES (senda as datas previstas de inicio o 01 de xullo de 2017, e de finalización entre o 30 de setembro de 2017). XORNADA: COMPLETA (incluído fin semana e festivos)
CANTIDADE BRUTA A PERCIBIR: 1.490,15.- €.


CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL (1 ENCARGADO E 4 PEÓNS) PARA A BRIGADA DE VIXIANCIA, PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS NO CONCELLO DE FORCAREI

DURACIÓN: 3 MESES (sendo as datas previstas de inicio o 01 de xullo de 201 7, e de finalización o 30 de setembro de 201 7)
XORNADA: COMPLETA (incluído fin semana e festivos)
CANTIDADE BRUTA A PERCIBIR:
  • PEONS: 1.383, 15.- €
  • XEFE BRIGADA: 1.707,74.- €


SOLICITUDES: Presentaranse no rexistro xeral do Concello de Forcarei no prazo de DEZ días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación dleste anuncio no periódico FARO DE VIGO.

Ver anuncios e bases de contratación e OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO



Curso de Manipulador de Alimentos

Curso de Manipulador de Alimentos


CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS E FORMACIÓN EN ALERXÉNOS

TITULACIÓN SEGÚN NORMATIVA VIXENTE

É OBRIGARORIO para traballar en Hostelería, Cafeterías, Restauración, Conserveiras, Depuradoras, Supermercados e Otras Industrias Alimentarias.

SÁBADO 20 DE MAIO


DE 16:00H A 20:00 H

PREZO: 20€

ANOTARSE NO CONCELLO

NO TELÉFONO 986 75 50 36
OU NO CORREO ELECTRÓNICO maria.mato@forcarei.net

Cartel




 

Nº de resultados:
140
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +